De novo, co remate do curso, se expón no vestíbulo do noso centro unha mostra das maquetas elaboradas neste curso polo alumnado do primeiro curso do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación.

Na confección de cada unha das maquetas participaron grupos de catro alumnos e alumnas.

Nesta ocasión se escolleu unha obra do arquitecto vigués Xosé Bar Bóo: a Casa Ferro de 1962, ubicada no concello de Ponteareas.

A mostra permanecerá ata o 31 de xullo.