Ocorreu xa o pasado mes de novembro, entre os días 17 e 22. Un grupo de 14 alumnos e alumnas que cursan FP dual en ensinanzas propias da familia de Comercio e Márketing pertencentes en concreto aos cursos 1º e 2º do ciclo medio de Comercialización de Produtos Alimentarios e mais de 1º do ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, realizaron unha mobilidade á cidade portuguesa de Porto. Nela estiveron acompañados polas súas profesoras Tania Vieites Salgado e Lía López González.

Xa de regreso a Ferrol o grupo amosouse entusiasmado co resultado desta mobilidade despois de cumprir cun completo programa a desenvolver en cada un dos seis días que durou a visita á cidade lusa.

Deseguido podedes ver unha galería coas fotos que nos fixeron chegar: