O club de pádel San Mateo foi o anfitrión do torneo de pádel TAFAD 2019, celebrado a mañá do venres 15, grazas á organización dos alumnos de 1º de ensinanza e animación sociodeportiva.

Máis de 50 participantes de TAFAD e outros ciclos desprazáronse para tomar parte neste xa mítico torneo anual.

Finalmente a vitoria correspondeu aos Diegos do ciclo de comercio. A segunda praza foi para Iago e Isma de 2º TAFAD.

Por último, como galardoados de consolación, Carlota Tella de 1º de ensinanza e animación sociodeportiva e Eduardo de 2º TAFAD levaron o primeiro premio e como segundos quedaron Carlota Dopico e Luís de 1º de ensinanza e animación sociodeportiva.

Esperamos que o próximo ano sexa posible seguir realizando este evento e, como non, queremos darlle moitas grazas a todos os nosos colaboradores (John Suares Barbershop, Xunco floristería, Tahona del Sol e A Zarra café bar) e tamén a San Mateo Padel Club e ao seu xerente Mateo, por ser outro ano máis, unha peza fundamental e unha gran axuda na súa posta en marcha.