Nas xornadas de mañá 9 e pasadomañá 10 de novembro vaise celebrar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o II Encontro Galego de Ciberseguridade, que vai contar coa participación como relatores e en obradoiros técnicos, dos nosos compañeiros, profesores do Departamento de Informática, Rafael López García e Andrés Del Río Rodríguez.

En concreto, o obradoiro que van impartir entrámbolos dous, e que leva por título “Intrusión nun contorno de Directorio Activo e análise forense do devandito ataque”, vai ter lugar o vindeiro xoves 10 de novembro entre as 12:00h e as 14 :00h.

Toda a información sobre o encontro pódela atopar picando nesta ligazón. E tamén para inscribíreste.