Presentamos dúas novidades de interese para os técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e para o alumnado ou xuventude en xeral.

Curso de adaptación: Socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN). A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) convoca estos cursos para acreditarse como socorristas en Galicia e para que poidan inscribirse no correspondente rexistro profesional de Socorristas de Galicia.

Os licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e os técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, poderán formalizar a súa solicitude ata o 18 de febreiro de 2021 na web da Agasp. Podes consultar máis información no DOG.

Bolsas Santander Languages. English courses – British Council. Este é un programa de 5.000 axudas para maiores de 18 anos que accedan a un curso de inglés cunha duración de 3 meses. Os participantes recibirán un certificado da súa realización.

Podes consultar máis información na páxina web destas bolsas e presentar a solicitude ata o 14 de abril de 2021.