O profesorado fórmase en creación de contidos multimedia: podcast, vídeo e realización multicámara

O profesorado do noso centro participou recentemente nun obradoiro práctico de formación sobre gravación e edición de contidos multimedia, centrado na creación de podcast, edición de vídeo e realización multicámara. A actividade foi impartida por Tomás Conde, de Albarabía Animación, quen guiou o grupo con profesionalidade e moita paciencia.

Traballouse coas aplicacións Audacity, para gravación e edición de son; Kdenlive, para montaxe de vídeo; e OBS Studio, para gravación e realización en directo con varias cámaras.

A formación permitiu adquirir coñecementos clave para aplicar estes recursos na práctica docente, favorecendo metodoloxías activas e a alfabetización audiovisual do alumnado. A experiencia foi moi valorada polo profesorado participante.

Accesibilidade