Express-arte, 15 visións contra a violencia de xénero

Dentro do Plan Proxecta “Por 365 días de respecto e igualdade”, podemos gozar no centro dunha moi interesante exposición, na que a través da arte fotográfica se poida reflexionar sobre o tema da violencia contra as mulleres.

Foi inaugurada o 28 de abril e estará aberta deica o 12 de maio. Animamos dende aquí á súa visita no horario en que o centro permanece aberto, dende as 8:20h até as 22:30h cunha breve interrupción de 60 minutos entre as 15:00h e as 16:00h.