O noso centro participa dende hai moitos cursos en proxectos Erasmus para formación práctica, que fai posible que o alumnado realice a FCT nun país estranxeiro dispoñendo dunha axuda económica.
Os centros que queren enviar estudiantes en prácticas, teñen que estar en posesión da Carta Erasmus+ de Educación Superior concedida pola Comisión Europea. Nela establécense os principios fundamentais e os requisitos mínimos de toda actividade Erasmus que a institución se compromete a respectar.
A contía das bolsas de axuda económica dispoñibles é diferente para os ciclos de grao medio e para os ciclos de grao superior e establécese tendo en conta o país de destino.
A asignación das bolsas faise mediante un proceso de selección obxectivo entre os alumnos solicitantes, no que se ten en conta o expediente académico, o coñecemento da lingua do país de destino e tamén as súas aptitudes para desenvolver con éxito a mobililidade.
No caso dos ciclos de grao superior disponse tanto de bolsas xestionadas polo noso centro como de outras xestionadas pola Consellería de Educación, mentres que para os ciclos de grao medio actualmente só hai dispoñibles as que a Consellería de Educación convoca.
O alumnado ten autonomía para decidir o país de destino da mobilidade, pero sempre tendo en conta que o aspecto máis complexo da formación práctica é atopar a empresa na que realizala.
Convocatoria da Consellería de Educación para ciclos de grao superior (solicitudes no centro ata o 05/02/2024)
Convocatoria da Consellería de Educación para ciclos de grao medio e básico