O profesorado da familia profesional de Comercio e Márketing do noso centro participou no encontro organizado por GIRA Jóvenes de Coca-Cola e a Xunta de Galicia, unha xornada centrada na empregabilidade xuvenil, a innovación educativa e os retos actuais da Formación Profesional.


O encontro reuniu profesorado e representantes do ámbito educativo e empresarial para compartir experiencias, boas prácticas e reflexións sobre a adaptación da FP ás necesidades do mercado laboral. Ademais, abordáronse cuestións relacionadas co desenvolvemento das competencias transversais e o uso de ferramentas dixitais na aula, reforzando a importancia da colaboración entre centros educativos e empresas.

Accesibilidade