O pasado xoves 29 de outubro de 2020 tivemos  a oportunidade de doar vida na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

No sorteo dos catro vales Amazon de 20€ resultou agraciado aquel alumnado doador, posuidor dos números que aparecen na imaxe .

Números premiados

Os afortunados ou afortunadas poden pasar a recoller o seu vale polo despacho da secretaria. É preciso entregar o resgardo do número premiado. De non apareceren, no prazo de 10 días procederemos a realizar un novo sorteo cos números restantes e publicaremos tamén aquí os resultados.

A todos e todas, moitas grazas por doar.