Resultado do sorteo entre o alumnado doador

Velaí os números que resultaron premiados con cadanseu vale de Amazon por importe de 20€.

NÚMEROS GAÑADORES

Os números foran repartidos entre o alumnado que acudiu a doar sangue na xornada do pasado martes 19 de outubro.

Os posuidores dos resgardos con eses números poden pasar a recoller o seu premio polo despacho de secretaría/vicedirección, en horario de 9:20h a 14:00h de luns a venres ou os venres pola tarde de 17:00h a 21:00h. O prazo máximo é de 15 días a contar dende a data de mañá 22 de outubro de 2021.

Parabéns aos afortunados e moitas grazas a todos por doar.