Xa apareceu o alumnado agraciado!

A sorte, caprichosa como é, sorriu ao grupo de 1º do ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas, pois os dous vales por valor de 20€ foron parar a doadores que forman parte do seu alumnado.

Carla Sabio e Abel Sanjuán pasaron hoxe a recoller cadanseu premio polo despacho de secretaría/vicedirección e posaron así de satisfeitos.

Parabéns para eles e moitas grazas a todos e todas por doar.