Presentación e arranque do curso


Hoxe 2 de novembro, ás 17:00 horas, farase a presentación do curso de especialización de Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información. Comezará deste xeito a andaina de preparación para a segunda promoción do alumnado con praza nestes estudos. Queremos dende aquí darlles a benvida e desexarlles unha estadía agradable e moi proveitosa no noso centro.