Os Correspondentes Xuvenís informamos da canle de Quérote+ e das propostas semanais para estes días de illamento.

Os centros Quérote+ de toda Galicia poñen á vosa disposición un servizo anónimo e confidencial, atendido por un equipo de profesionais especializado. Atenderán polo Whatsapp no número 647 018 752 aquelas consultas sobre dúbidas, curiosidades, uso de redes sociais, sexualidade e afectividade,… Consulta máis información na páxina de Xuventude.

RTVE lanza o portal “Somos cinema” no que podedes ver gratuitamente máis de 60 películas do cinema español recente. Durante este mes de abril ampliarán o seu catálogo, consulta a información e pasa unha bo día de cinema coa RTVE.

A editorial vasca Astiberri ofrece a lectura do cómic El Héroe, do ouresán David Rubín. Podedes ler de balde a primeira parte desta novela gráfica, tamén tedes actividades e encontros virtuais con diferentes autores. Consulta as bandas deseñadas en aberto.

A Asociación cultural Dous Punto Oito publicou na rede o seu documental A viaxe de Ruth, un retrato da Galicia rural e mariñeira dos anos 20. Consulta máis información e como ver este documental na rede.