Atendemos as túas consultas! O portal de Xuventude mantén a súa actividade para seguir informando dos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou resolver calquera dúbida e consulta sobre oportunidades de emprego, bolsas, estudos,… podedes consultar os correos electrónicos e o teléfono de información na seguinte ligazón.

Teléfono Social 900 400 800: Neste teléfono podes resolver dudas básicas relacionadas co COVID-19, recibir apoio psicolóxico, informar sobre posibles casos de especial vulnerabilidade ou emerxencia social e para ofrecerte coma voluntario para axudar nesta crise (para isto cubre o formulario na web: www.voluntariadogalego.org). Consulta máis información aquí.

#CreaNaCasa. Escoita a mensaxe que envía a toda a mocidade Xermán Bugallo, artista, médico e gañador do Xuventude Crea 2019 na especialidade de música, dende o seu Instagram. Tamén: #creanacasa #euquedonacasa