Informamos do novo programa Erasmus+ 2021-2027, ofrecerá unha gama de oportunidades para a xuventude, como estudar, facer voluntariado, realizar un período de prácticas ou aprendizaxe no estranxeiro, tamén participar nun intercambio xuvenil. DiscoverEU formará parte del.

Este novo programa terá como características: ser máis inclusivo, ser máis dixital, green Erasmus+ e Erasmus+ para mozos. Tedes máis información na páxina web da Comisión Europea.

A Consellería de Política Social convoca os premios Talento Mozo Galicia. Divídese nas modalidades de ciencia, rural, deporte, empresa e cultura e creación, para recoñecer e visibilizar o talento da xuventude.

A mocidade galega entre 18 e 35 anos pode concorrer a estes premios presentando a súa solicitude ata o 30 de abril de 2021 por medios electrónicos, a través do formulario BS327A. No DOG podes consultar a convocatoria e toda a información.

Con relación ás axudas, informamos das seguintes:

Axudas á mocidade para o alugamento de vivenda. Convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a mocidade menor de 35 anos. Podes consultar os requisitos da convocatoria no DOG e tamén na páxina do IGVS.

As solicitudes poden presentarse ata o 30 de abril de 2021 por medios electrónicos segundo o formulario VI432A.

Subvencións a proxectos de voluntariado xuvenil. Convocadas pola Consellería de Política Social para proxectos que se realicen dende o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2021, por entidades de acción voluntaria e a entidades locais, dentro do programa Servizo de Voluntariado Xuvenil. Podes consultar os requisitos da convocatoria no DOG e tamén na páxina de Voluntariado Galego.

As solicitudes poden presentarse ata o 30 de abril de 2021 por medios electrónicos segundo o formulario BS320A.