Aquí van algunhas ideas para facer máis liviá o confinamento:

#QuédateEnCasa! Participa nesta iniciativa organizada pola REAJ compartindo fotos, ideas ou calquera outra cousa que se che ocorra nas redes sociais de Facebook, Instagram ou Twitter ata o 24 de abril de 2020. Consulta as bases e os premios que podes gañar.

Concurso de relatos breves “Contos sobre rodas”, convocado por ALSA para fomentar a lectura e creación literaria en relación ás viaxes e o transporte en autobús. Consulta as bases e anímate a participar coa túa historia ata o 30 de abril de 2020.

VIII Certame de debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”: convocado polo Grupo Naturalista Hábitat en colaboración coa Empresa Municipal de Aguas de La Coruña (Emalcsa) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, baixo o título “Natureza Viaxeira”. Este concurso non require aptitudes nin coñecementos de ilustración para poder participar, só precisas realizar debuxos con esta temática e inscribirse ata o 30 de xuño de 2020. Consulta toda a información.