Se utilizas o teu carné xove, podes participar no sorteo dunha estancia para dúas persoas nas Cabanas da Ulla. Deberás ter en vigor o teu carné e seguir estes pasos:

  • Sube a Instagram unha historia co teu produto ou servizo adquirido co desconto do teu carné.
  • Emprega o hashtag #CarnéXove e menciona a @xuventudegalicia, indica tamén o nome do establecemento ou marca (inclúe o seu Instagram se o ten).
  • Finalmente, fai unha captura para enviala a @xuventudegalicia por mensaxería privada de Instagram.

O prazo remata o 29 de abril de 2021.

Para os xoves que vos gusta escribir, podedes participar no Certame literario Xoán Díaz, do Concello de Cambre 2021. Pode presentarse a mocidade entre os 12 e 26 anos (establécense tres categorías por idade) en tres modalidades: Poesía, Narración breve e Microteatro.

Os traballos estarán en galego, xunto co resto de criterios que establece a convocatoria. Enviaranse por correo electrónico a certamexoandiaz@cambre.org cos requisitos que marcan as bases.

O prazo de entrega remata o día 30 de abril de 2021. Anímate a participar e poderás gañar algún dos dous premios en metálico que se concederán para cada categoría.

Para aqueles que vos gusta a fotografía, podedes participar no Premio de Fotografía EOLO 2021, da Asociación Empresarial Eólica (AEE). Para participar tes que enviar a túa foto, relacionada coa enerxía eólica, por correo electrónico a eventos@aeeolica.org sen que o seu tamaño exceda de 2 MB. Consulta as bases cos restantes requisitos de participación.

O prazo de participación estará aberto ata o 30 de abril de 2021. Na páxina web da Asociación Empresarial Eólica publicaranse os gañadores o día 28 de maio de 2021. Os premios son tres e serán en metálico.