Dende o CIFP Rodolfo Ucha queremos darvos a benvida á sección de información Correspondentes xuvenís 3.0.

Este é un programa educativo dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que ten por fin promocionar e difundir información de interese para o alumnado.

Se o que buscas é coñecer as últimas novidades en cursos, emprendemento, bolsas, concursos, premios,… este é o teu espazo!

Visita a nosa canle, infórmate no taboleiro reservado para a xuventude na entrada do instituto, e proximamente poderás seguirnos no noso Instagram.

Agradecemos a Marcial Leal o deseño do logotipo que nos acompañará nesta andaina.

O profesorado e o alumnado voluntario quedamos á vosa disposición.

Alá imos!