A pandemia do coronavirus COVID-19 fixo preciso o establecemento de novas medidas que afectaron a toda a comunidade educativa.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou as instruccións de como se desenvolverá a Formación en Centros de Traballo (FCT) para os ciclos de Formación Profesional. Nesa mesma normativa, tamén explica o desenvolvemento da formación práctica nas ensinanzas de artes plásticas e deseño, ensinanzas artíticas superiores, a formación profesional dual e as ensinanzas deportivas. Podes consultar aquí a información.

Nesta mesma páxina da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, podes consultar o desenvolvemento do terceiro trimestre, aínda que con carácter xeral e provisional.