Xa temos as fotografías!

Hoxe á mañá tivo lugar no noso salón de actos o espectáculo de poesía musicada titulado Aldaolado, nome coincidente co da compañía que o leva a cabo e que está composta por dúas mulleres transgresoras e divertidas, Lucía Aldao e María Lado, cunha traxectoria de xa 16 anos dedicados a interpretar e espallar a poesía por todo o país.

Foi unha bonita forma de homenaxear a outra poeta, tamén moderna e transgresora como foi Xela Arias, á que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

O auditorio en directo veuse limitado a menos de 50 persoas polo protocolo COVID-19, pero puido ser seguido dende as aulas de xeito telemático.

Ao remate da actuación aproveitamos tamén para proclamar a gañadora do VIII Concurso de Microrrelatos “… a primeira vez que alguén …” na súa categoría de “resto da comunidade educativa”.

A profesora Tania Vieites da familia de Comercio e Márketing, foi a merecida vencedora e fíxoselle entrega do premio, un libro titulado Poesía reunida (1982 – 2004), da homenaxeada deste ano Xela Arias. O acto rematou coa lectura do micrrorrelato gañador, “Unha mañá de primavera”, por parte da súa autora.

Velaí as fotofrafías do acto.