O grupo de alumnado de 1º curso do “Ciclo Superior Guía, información e asistencia turísticas” realizou dúas tarefas para avaliar os coñecementos previos  sobre o noso Camiño, o Camiño Inglés, enmarcado no Plan Proxecta+ “Educación patrimonial: Mirando polo camiño”.

A primeira tarefa consistiu no deseño dun mapa mental e a segunda na gravación en lingua inglesa dunha enquisa sobre os seus coñecementos sobre o Camiño.