Velaquí vos presentamos as novidades en concursos e premios desta semana:

XXIII Concurso de Poesía Concello de Carral: convocado polo Concello de Carral e coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, para todos os autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade que presente un traballo escrito en lingua galega. Se estas interesado, consulta as características dos traballos, a súa extensión e forma de presentación, participarás nun premio de 2500 €. Máis información na páxina do Concello.

Lingua de namorar 2020: é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega para a mocidade entre 14 e 35 anos. Participa con dúas mensaxes e poderás gañar premios. Consulta máis información na páxina de Xuventude.

XXIV Certame Francisco Añón de Poesía: convocado polo Concello de Outes para todos os interesados de calquera nacionalidade que presenten escritos inéditos en lingua galega. Consulta as categorías de participación e os diferentes premios en metálico que poderás gañar.

E ti, que?: é un concurso organizado pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) que se dirixe á mocidade de toda España. Consta de diferentes modalidades de presentación e o contido debe estar baseado nun ou varios temas dos propostos, en soporte escrito, audiovisual, expresión artística ou outros. Consulta as bases e toda a información.

FotoArte 2020: este concurso está organizado polo concello de Vitoria-Gasteiz e premiará as imaxes fotográficas que teñan que ver coa Danza. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras propias e non premiadas noutros concursos. Consulta as bases e participa ata o día 27 de marzo de 2020. Os premios son todos en metálico.