Esta semana presentamos unha serie de concursos e premios que poden ser do boso interese:

3º Concurso Internacional de Relatos Gastronómicos “En un lugar de la panza”: podes participar en dúas categorías enviando relatos escritos en castelán ou portugués, na 1ª categoría ata o día 15 de decembro de 2020 e na 2ª categoría ata o 22 de decembro de 2020. Consulta as bases e os diferentes requisitos para gañar o premio.

XXII Certame de Cartas de Amor do Concello de Leioa: se o teu son as letras, podes presentar dúas cartas en castelán a este concurso. Hai diferentes categorías por idade e dous premios en metálico. Consulta a información e participa ata o 22 de decembro de 2020.

Premio Estratexia NAOS: convocado pola Axencia Española de Consumo para fomentar alimentación saudable e a práctica regular de actividade física. Hai diferentes modalidades que podes consultar na páxina da AECOSAN e no BOE. Participa ata o 29 de decembro de 2020.

XIII Certame de Relato Breve “Relatos con Zapatos”: convocado pola Fundación Caixa Rioxa e Bankia para todos os residentes en España que presenten relatos en castelán baixo a temática dos zapatos. Consulta as bases e participa ata o 28 de febreiro do 2021, o premio é de 600 euros.