Dentro das actividades programadas co gallo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

O Departamento de Información e Orientación Profesional asesorado polo Departamento de Comercio e Márketing, elaborou as bases para os concursos de carteis e máscaras nos que se pretende premiar os mellores deseños que sirvan para transmitir unha mensaxe clara de loita contra a violencia de xénero.

Esas bases, incluídos prazos e premios, podédelas consultar picando nesta ligazón.