CÓNTANOS A TUA HISTORIA, EN FORMA DE BANDA DE DESEÑADA

O CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro convoca a I edición do Concurso de Banda Deseñada en Galego.
A Coordinación da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) poñen en marcha este certame, aberto a todo o alumnado do centro.
Non importa se debuxas a man ou en formato dixital, se prefires o humor, a aventura, o misterio ou a ciencia ficción. Ti escolles a historia, o estilo e a maneira de contala. Só hai unha condición: que sexa unha creación orixinal e en galego.

Como participar?

  • Participación: individual ou en parellas.
  • Formato: unha historia completa de entre 1 e 4 páxinas A4.
  • Técnica: libre, en branco e negro ou en cor, con debuxo manual ou dixital.
  • Entrega: na conserxería do centro, nun sobre pechado e identificado segundo as bases.
  • Prazo: ata o 18 de decembro de 2026, ás 15.00 horas.

E hai premios!
Se se presentan 10 ou máis traballos, concederanse dous premios: 60 € para o primeiro posto e 40 € para o segundo. Se participan menos de 10 obras, haberá un único premio de 60 €.

Anímate!
Consulta e descarga as bases completas do concurso, onde atoparás todos os requisitos de participación e a ficha que debes presentar coa túa obra.

📕 Descarga as bases do concurso

Accesibilidade