O pasado 21 de febreiro os alumnos do C.S. Proxectos de Edificación recibiron unha charla sobre xestión de residuos por parte da empresa Recinor (grupo JRilo).

A súa responsable comercial Emma Anta ofreceu detallada información sobre esta empresa experta na valorización de residuos de construción e demolición (RCD) e sobre moitas das cuestións que forman parte da actividade desenvolvida nas súas plantas de Ferrol, Monforte e Ponferrada.

Falou, entre outras moitas cuestións, de economía circular, de sustentabilidade, de tipoloxías de residuos, de lexislación e dos áridos de reciclaxe obtidos a partir da valorarización RCD e con múltiples aplicacións.

O noso agradecemento ao personal de RECINOR pola sua atención e amabilidade.

www.recinor.com