Na tarde de onte martes a profesora Ana Vázquez Pernas deu, no noso salón de actos, unha interesantísima charla sobre un tema de candente actualidade e do que goza dun amplo coñecemento despois de telo sufrido en carne propia: as estafas na Internet.

Partindo da súa propia experiencia explicou como actuar e defenderse ante situacións de calotes na rede.

Aínda que como idea inicial ía dirixida ao alumnado do curso de especialización de Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías de Información, ao final fíxose aberta a outras especialidades do centro con grande éxito, pois non é van é un problema do que calquera pode vítima nun momento dado.

O aforo, no que por suposto se respectaron os protocolos Covid-19, encheuse e os asistentes saíron maís que satisfeitos, non só polo contido senón tamén pola excelente técnica de comunicación empregada pola conferenciante.