O pasado xoves 6 de maio, a xornalista e formadora especializada en competencias dixitais e ciberseguridade, Yolanda Corral, impartiu unha charla enmarcada dentro do ciclo de conferencias que se están a realizar no curso de especialización en ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información.

 Yolanda Corral é a creadora do podcast e canle de Youtube @PalabradeHacker, especializado na difusión de temas relacionados coa ciberseguridade mediante charlas e entrevistas con distintos profesionais de recoñecido prestixio neste eido. Yolanda é, ademais, un dos rostros e voces máis recoñecidos do sector debido a súa presencia en moitas conferencias e eventos relacionados coa ciberseguridade, ben presentando ela ponencias propias ou ben porque porque adoita ser a presentadora oficial de moitas delas, tanto sexa en modalide presencial como, sobre todo neste último ano, en modalide online.

 A charla levou por título “Deixa a túa pegada no mundo da ciberseguridade” e nela, Yolanda deulle aos alumnos varias directrices e consellos que poden poñer en práctica para mellorar a sús visibilidade profesional no eido da ciberseguridade. Consellos estes que de seguro lles serán moi útiles a todos eles, especialmente a aqueles que están a comezar agora o seu periplo profesional.