CARTEL ANUNCIADOR DA CHARLA

O pasado xoves 31 de marzo estivo connosco Pedro Tubío, OT Cybersecurity en Siemens e colaborador no grupo de tecnoloxías da información (GTI) da Universidade de Vigo.

A charla estivo enmarcada dentro do ciclo de conferencias do curso de especialización de Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías da Información e versou sobre as dificultades ás que se ten que enfrontar un experto en ciberseguridade en contornos industriais. Ao abeiro disto, os alumnos puideron comprender as distintas prioridades existentes no relativo a conseguir a seguridade cibernética entre un contorno de tecnoloxías da información (TI) e un contorno de tecnoloxías da operación (OT).

Unha vez aclarados os retos que presentan este tipo de contornos, Pedro Tubío explicou as vantaxes que pode aportar a utilización de “Honeypots” e sistemas de “Deception” nestas infraestruturas. Estas tecnoloxías implantan sistemas “trampa” para atraer aos actores maliciosos identificando así a súa presenza e permitindo a análise do seu comportamento. Para exemplificar o seu funcionamento fixo unha demostración de como se desprega dun sistema deste tipo.

Finalmente, dende a súa experiencia propia, explicou ao alumnado os distintos perfís profesionais existentes dentro do ámbito da ciberseguridade, para que saiban cara a onde poden ir dirixindo as súas miras ao rematar o curso de especialización.



La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es Ministerio_Union-Europea-1024x194.png