CARTEL ANUNCIADOR DA CHARLA

O pasado martes 8 de febreiro estivo connosco Fernando Segura, xerente de Be-sec, área especializada en ciberseguridade de Emetel Sistemas, dando unha charla para os alumnos do curso de especialización de Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías da Información.

Dende a súa ampla experiencia no sector da ciberseguridade falounos dalgúns dos proxectos que están a desenvolver neste ámbito, dos servizos especializados que ofrecen aos seus clientes e dos distintos perfís profesionais cos que contan no seu equipo. Nesta ocasión, ademais, estivo acompañado por Alejandro Franco e Javier Rodríguez -alumno este último do noso curso de especialización-, que contaron como é o día a día dun profesional da ciberseguridade.

Así mesmo animou ao alumnado a poñerse en contacto coa súa empresa, para telos en conta nos seus procesos de selección de persoal.



La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es Ministerio_Union-Europea-1024x194.png