O pasado mércores 3 de marzo estivo connosco Fernando Segura, xerente de Be-sec, área especializada en ciberseguridade de Emetel Sistemas, dando unha charla enmarcada dentro do ciclo de conferencias que se están a organizar desde o curso de especialización de “Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información”.

Dende a súa ampla experiencia no sector da ciberseguridade falounos dalgúns dos proxectos que están a desenvolver neste ámbito, dos servizos especializados que ofrecen aos seus clientes e dos distintos perfís profesionais cos que contan no seu equipo.

 Asimesmo animou aos alumnos a poñerse en contacto con eles para telos en conta nos seus procesos de seleción de persoal.

Comentou que a demanda de profesionais cualificados en ciberseguridade é moi alta xa a día de hoxe e que non cabe dúbida que seguirá en aumento nos vindeiros anos.