A Asociación Sociocultural ASCM cedeunos unha cadeira de rodas para poder utilizar no noso centro en casos en que sexa preciso. Queremos agradecer a colaboración de ASCM posto que dende o primeiro momento en que lle expuxemos esa posibilidade, puxo á nosa disposición a cadeira.

Non é esta a primeira colaboración con ASCM senón que participa tamén de xeito habitual en diversas actividades desenvolvidas no “CS Ensinanza e animación sociodeportiva”, o cal tamén lle agradecemos.