Hoxe venres 5 de novembro retomamos o costume de festexar o magosto, despois de non telo celebrado o ano pasado pola situación de pandemia.

Había ganas, e pasamos unha mañá estupenda que terá continuidade ás 19:30h co alumnado, o profesorado e conserxe da quenda de tarde.

Ademais de comer as castañas que o castañeiro foi asando ao longo da mañá, o alumnado participou nunha xincana de xogos e actividades pola que optaban a tres premios.

Ademais, para tal fin, podían conseguir puntos a través da decoración «terrorífica» das portas das súas aulas e, deseguido, velaí unha galería coas fotos desas decoracións:

E de todas elas, estas son as que quedaron nas tres primeiras posicións:


2ª POSICIÓN CS XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS
3º POSICIÓN CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN