Co gallo da celebración o vindeiro 12 de outubro do Día da Hispanidade, o noso centro foi convidado polos militares da ESENGRA, a participar canda eles nunha carreira cross de 5 km á que acudiu alumnado do ciclo superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.

Foi unha estupenda xornada de convivencia que, ademais, trouxo a boa nova de conseguirmos un podio grazas a Javier López González de 1º de Ensinanza e Animación Sociodeportiva. Logrou quedar terceiro na proba e por iso queremos transmitirlle os nosos parabéns, que facemos extensivos a todos os seus compañeiros participantes.