Resolución do 2º concurso de fotografía pola igualdade
No día de hoxe reuniuse o xurado constituído para fallar o 2º Concurso de Fotografía pola Igualdade do Rodolfo Ucha, resultando vencedora María Elena Sanmartín García, de 2º do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección. Como o número de participantes non superou a vintena, o premio conseguido consiste nunha tarxeta regalo por valor de 30€.
2º concurso de chíos contra a violencia de xénero.
Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que ten lugar todos os 25 de novembro, lanzamos un ano máis a convocatoria do Concurso de Chíos Contra a Violencia de Xenero na súa segunda edición. Anímate a participar. Tes de prazo até as 15 horas do xoves 10 decembro e podes ser ti
2º Concurso de Fotografía pola Igualdade
Queremos ver en fotos situacións que deixen de manifesto a igualdade de capacidades e de dereitos con independencia do xénero, a nacionalidade, a raza, as crenzas ou a orientación sexual que se posúa. Ou que reflictan todo o contrario, e servan de denuncia a situacións de desigualdade intolerables. Animádevos a mandar a vosa foto e
Bolsas e axudas ao estudo 2020/2021
Xa podes encontrar no blog do noso Departamento de Información e Orientación Profesional, información sobre a convocatoria de bolsas de estudo para este curso académico 2020/2021. Accede directamente a través de esta ligazón.
Cursos de especialización: a gran novidade da oferta educativa
Aqueles titulados nalgún dos ciclos superiores da familia de Informática e comunicacións, poderán realizar o proceso de admisión a un novo curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información, que se oferta para o vindeiro curso no noso centro. Picando neste enlace poderás consultar a duración os contidos e máis a capacitación
Guía de recursos durante o confinamento
Dende o Departamento de Información e Orientación Profesional elaboramos esta guía de recursos coa finalidade de facer un pouco máis levadío o confinamento no noso fogar causado pola pandemia do coronavirus COVID-19. Acceder á “Guía de recursos”
O Departamento de orientación durante o confinamento polo coronavirus COVID-19
Todos os alumnos/as, as súas familias así como todas as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao Departamento de Información e Orientación Profesional do centro. Pódense realizar de dúas maneiras: Escribindo un correo electrónico ao enderezo orientacion.cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.es Cumprimentando o formulario de consulta (premer no botón “Enviar” ao finalizar) Tentarase contestar o antes posible
Lideresas
Aproveitando a vindeira celebración do Día Internacional da Muller, esta mañá inaugurouse no noso centro a exposición Lideresas, un proxecto da fotógrafa ferrolá afincada en Madrid, Ana Amado. Será unha exposición itinerante por outros dous centros da nosa cidade, o IES Saturnino Montojo e o IES Ricardo Carballo Calero. Trátase da mutación dunha serie de
Éxito das Xornadas de Emprego.
A semana pasada celebramos no noso centro unhas interesantísimas xornadas de emprego que ao longo de tres días achegaron ao alumnado diferentes alternativas para unha mellor procura do seu futuro profesional. Un salón de actos, por momentos ateigado de público, foi o escenario no que se desenvolveron uns actos aos que pretendemos dar continuidade, coma
Xornadas de emprego do Rodolfo Ucha
Imos celebrar as xornadas de emprego do noso centro que terán lugar na vindeira semana o martes, mércores e xoves segundo o programa e horario que podedes consultar no cartel anunciador que aparece deseguido.