Esta semana os Correspondentes xuvenís queremos recordarvos como podedes conseguir os vosos carnés.

O Carné Xove é unha tarxeta persoal para a mocidade que concede descontos e vantaxes nas entidades colaboradoras en Galicia, no resto de España e tamén nos 40 países adheridos ao programa. Consulta a información e faite co teu carné.

O Carné de Alberguista pódelo utilizar en todos os albergues nacionais e estranxeiros. Conta con diferentes tipos según rango de idade ou grupo. Consulta como o podes adquirir para obter todas as vantaxes.

O Carné de estudante internacional (ISIC) é un carné recoñecido internacionalmente que otorga descontos, ofertas de viaxes, compras e museos por todo o mundo. Consulta como podes obter o teu.

O Carné internacional para non estudantes (IYTC) para aquelas persoas maiores de 12 anos e menores de 30, tamén ofrecen diferentes vantaxes e descontos.

Por último, os docentes tamén poden facerse co Carné de profesor internacional (ITIC), independentemente da idade que teña e do centro no que traballe coma docente. Conseguir este carné ofrece descontos e diferentes vantaxes.

Na páxina da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado podes consultar máis información, centros emisores dos carnés, entidades adheridas aos programas, e máis.