A Xunta de Galicia oferta diferentes campos de voluntariado dentro da campaña O verán que necesitas. Estas actividades están orientadas a favorecer e fomentar a convivencia, a tolerancia e a solidariedade.

Como novidades desta convocatoria:

  • Os campos están destinados aos mozos e mozas de Galicia.
  • A convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes máis o equipo técnico.
  • As actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade establecidas polas autoridades sanitarias.

Este ano hai 348 prazas para maiores de 18 anos, podes consultar na páxina de Xuventude o reparto das prazas entre os campos que se ofertan para cada provincia galega .

O prazo de inscrición comezou o 25 de xuño ás 16:00 horas e rematará 3 días antes do inicio de cada campo.

Consulta máis información en Xuventude.