O alumnado do CM de Comercialización de Produtos Alimentarios (COPAL) en modalidade dual, está a organizar con vistas ao próximo Nadal dúas campañas solidarias, pensando nos máis desfavorecidos da nosa comarca:



CAMPAÑA DE ALIMENTOS

Para a campaña de alimentos recolleremos produtos non perecedoiros entre os que se atopan conservas de todo tipo, pasta, arroz, galletas, leite, aceite, etc. Incluímos tamén produtos para bebés coma os “potitos”, leite infantil e, aínda que non son alimento, os cueiros.

Todos os produtos recibidos serán doados ao Banco de Alimentos Rías Altas de Ferrol.

CAMPAÑA DE XOGUETES

Para a campaña de xoguetes colectaremos todos aqueles que noutro tempo tanta ilusión che facían e que, estando en bo estado e con todas as pezas, poden ter unha nova vida para facer gozar a outros nenos e nenas menos afortunados do que fuches ti. Por suposto que admitimos tamén xoguete novo.

Neste caso, todos os xoguetes recibidos serán doados ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.


Todas as achegas para ámbalas dúas campañas podes depositalas na entrada do centro antes do día 1 de decembro.