No seguinte enlace pódese descargar un documento que inclúe as datas e horas de presentación dos diferentes ciclos formativos.

Tamén se indican nese documento diversas pautas moi sinxelas que debemos ter en conta para que coa colaboración de toda a comunidade educativa fagamos que o centro sexa un espazo seguro. Grazas de antemán por esa colaboración e moito ánimo para comezar este curso 2021-2022.

NOTAS:

  • O alumnado matriculado para iniciar neste trimestre o módulo de FCT e o módulo de Proxecto (de ser o caso), non ten que asistir á presentación. Este alumnado será convocado pola persoa titora.
  • O curso de especialización en “Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información” dará comezo a mediados do mes de outubro. Máis adiante publicarase nesta web a data e hora de comezo.

Calendario de presentacións 2021-2022