Estas bolsas do Programa Telefónica Talentum 2020 están destinadas a persoas mozas tituladas universitarias ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS por aprobar, ou tituladas de grao superior ou medio de formación profesional.

Hai dúas modalidades: BAU e LAB, ambas as dúas cunha duración mínima entre 3 e máximo de 12 meses. Nelas ofrécese unha formación práctica no eido da innovación e o emprendemento nas empresas que conforman o Grupo Telefónica e naquelas outras que se adhiran ao Programa.

A asignación das bolsas son diferentes para as que se conceden en España ou no estranxeiro.

Se estás interesado, consulta as bases do programa. O prazo de solicitudes está aberto ata o 15 de decembro de 2020.