Os estudantes de 2º curso do ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes estarán aprendendo a programar utilizando a ferramenta Scratch durantes os meses de xaneiro e febreiro como complemento á súa formación. Para adquirir as competencias básicas de programación con esta ferramenta están a realizar unha serie de titoriais elaborados polos estudantes do 2º curso do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web, que se encontran publicados en Internet para calquera que desexe iniciarse na programación. A páxina web cos titoriais de Scratch foi desenvolvida a medida polos propios estudantes e a temática dos diferentes proxectos trata de maneira transversal o aforro enerxético.

O alumnado de SMIR demostrou unha gran facilidade para adaptarse a esta ferramenta e agardamos que pronto desenvolvan as súas propias aplicacións web con Scratch.