O noso centro quere favorecer o meirande apoio posible para que a candidatura de Ferrol a Patrimonio mundial chegue a bo porto.

Por iso animámosvos a que remedes todos a prol dese obxectivo construíndo un barco de papel cos folios biodegradables elaborados a partir de algas que hai no vestíbulo do centro. Cando o teñades, hai que fotografalo e subir esa foto ás vosas redes sociais cos cancelos #ferrolcontaconmigo e #ferrolpatrimoniomundial.

Logo ese barco podedes depositalo no colector que tamén está no vestíbulo, pois todos eles pasarán a formar parte dunha gran mostra e serán botados ao mar dende un dos elementos máis simbólicos da candidatura.

Ademais podes asinar o teu apoio en www.ferrolpatrimoniomundial.com