Publicación das listaxes de persoas admitidas a proxectos de formación profesional dual para o curso 2022-2023:

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión ou premendo aquí (é necesario introducir DNI e código da solicitude)

As persoas con praza adxudicada deberán matricularse no centro adxudicado antes do día 26 de xullo ás 13:00 horas. Para solicitar a matrícula empregarase o seguinte documento:


Máis información e acceso ás listaxes de toda Galicia no enlace seguinte: http://www.edu.xunta.gal/fp/fpdual-convocatoria-2022-listaxes-prazas-adxudicadas