Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas. Tamén se publica a listaxe de persoas con praza adxudicada en cursos de especialización.

Instrucións para obter o código persoal de consulta (CPC). Pódese obter tamén premendo aquí (é necesario introducir DNI e o código da solicitude)

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 20 de xullo ata as 13:00 horas do luns 26 de xullo de 2021. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú «Servizos en liña» de «Ven a FP».

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú «Servizos en liña» de «Ven a FP».

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 20 de xullo ata as 13:00 horas do luns 26 de xullo de 2021. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú «Servizos en liña» de «Ven a FP».

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

Modalidade presencial

Modalidade distancia

Curso de especialización

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada curso de especialización abrangue desde o martes 20 de xullo ata as 13:00 horas do luns 26 de xullo de 2021. A matrícula ou a renuncia deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. A renuncia a unha praza adxudicada realízase para permanecer en listaxe de espera doutra de mellor preferencia dentro dos cursos de especialización. As persoas con praza adxudicada nun curso de especialización son excluídas do resto dos procesos de admisión de formación profesional.

Tamén se poderá solicitar matrícula ou renuncia na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú «Servizos en liña» de «Ven a FP».

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada dun curso de especialización empregarase o seguinte modelo:


Máis información e acceso ás listaxes definitivas de todos os centros de Galicia nos enlaces seguintes: