Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada na 1ª adxudicación extraordinaria nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

Instrucións para obter o código persoal de consulta (CPC). Pódese obter tamén premendo aquí (é necesario introducir DNI e o código da solicitude)

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o xoves 2 de setembro ata as 13:00 horas do luns 6 de setembro de 2021. Pódese solicitar matrícula na praza adxudicada vía web (instrucións para este procedemento no menú «Servizos en liña» de «Ven a FP» en www.edu.xunta.gal/fp) ou ben de xeito presencial no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web (instrucións para este procedemento no menú «Servizos en liña» de «Ven a FP»).

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o xoves 2 de setembro ata as 13:00 horas do luns 6 de setembro de 2021.

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú «Servizos en liña» de «Ven a FP» en www.edu.xunta.gal/fp . Tamén se pode realizar de xeito presencial no centro educativo da praza adxudicada.

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

Modalidade distancia


Máis información e acceso ás listaxes definitivas de todos os centros de Galicia e tamén ás listaxes de espera premendo aquí.