Hoxe no noso centro, vimos de conmemorar con diversos actos o 25N, onde a nosa comunidade educativa puxo de manifesto o seu rotundo rexeitamento a toda forma de violencia que poida ser exercida sobre as mulleres. Velaí a relación de actividades e algunhas fotografías:
O alumnado de FP básica manifestouse en contra lendo lemas en catro idiomas (galego, castelán, inglés e polaco):
O alumnado formou a palabra NON e ergueron as súas mans:
A alumna de 2º do CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais María de las Mercedes Arribí Rodríguez deleitounos cantando a capela “La puerta violeta”:
O alumnado do CM de Actividades Comerciais leu un manifesto contra a violencia de xénero elaborado por eles:
Entregáronse os premios aos gañadores do concurso de carteis e de máscaras:
PLÁNTATE: Plantouse unha azalea como símbolo da loita contra a violencia de xénero:
———————— ACTOS DA QUENDA DE TARDE ————————
A data tampouco pasou desapercibida pola tarde no noso centro. Repetimos basicamente as actividades desenvolvidas pola mañá pero coa pegada que sempre lle sabe dar ás cousas o alumnado de tarde e de modular que elaboraron e leron o seu propio manifesto e cantaron “Como una ola” de Rocio Jurado. Ademais aproveitamos para entregar o 3º premio do Concurso de Máscaras xa que a súa gañadora, María Arántzazu Domínguez Villanueva é alumna de 1º do CM de Comercialización de Produtos Alimentarios e este ciclo desenvólvese en horario de tarde. Os actos resultaron moi participativos e remataron tamén sementando outra planta, que simboliza o plante fronte á lacra da violencia contra as mulleres da comunidade educativa da quenda de tarde.
Estas son algunhas das imaxes: