Hoxe aproveitando o segundo recreo ás 12:40 celebramos un emotivo acto onde Irene Alcalá Amado puxo música e voz, (e que voz!) para arroupar a lectura dos nomes das vítimas deste ano por violencia machista.

No decorado había dous taboleiros: un cos chíos do concurso que tivemos a semana pasada e outro para que os homes deixen manifesto de que tamén están concernidos polo problema e tamén rexeitan a violencia de xénero.

Ademais fallouse o concurso de chíos e, de entre os que cumprían coas bases, resultou gañador o de Eduardo López “Pensa, ámate e denuncia” que aparecerá como lema nalgún obxecto publicitario do centro.