Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación poden coñecer os erros detectados accedendo ao seu expediente na ligazón www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Edición de solicitudes e consulta de expediente>>. Recorde que para entrar na aplicación necesitará autenticarse previamente. Tamén poden consultar no centro onde teña dirixida a solicitude.

Para todas as listaxes, independentemente daquela na que se figure, é importante verificar que os datos persoais ou as unidades de competencia solicitadas coinciden coas da listaxe correspondente.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente imprimila, asinala e presentala, xuntando a documentación que corresponda, na sede onde solicitou realizar o procedemento.

Medio de presentación da emenda e/ou reclamación: A solicitude de emenda ou reclamación xunto coa documentación poderá ser presentada mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia, ou no propio centro de maneira presencial ou mediante correo certificado.

Para aquelas persoas que non se atopen nas listaxes e sempre que teña seguido, e só no caso, o procedemento establecido para a presentación da solicitudes, isto é, ter rexistrada a súa solicitude na aplicación www.edu.xunta.es/acreditacion e entregada a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, deberá presentar reclamación dirixida ao centro elixido para realizar o procedemento por algún dos medios establecidos no parágrafo anterior.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes maiores de 25 anos que non poidan xustificar a documentación esixida deben coñecer que a súa solicitude e a súa documentación vai ser analizada pola comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias e que deben consultar as listaxes de persoas que deben emendar documentación.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves 20 de febreiro ao xoves 5 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación, solicitantes que precisan emendar a documentación ou solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación agrupadas polo Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) sede de participación.


Máis información premendo aquí