Quedan prazas libres no CS Guía, información e asistencia turísticas!!

Aproveita a ocasión para matricularte nun ciclo formativo de carácter moi práctico no que se desenvolven moitas actividades socioculturais, estúdanse idiomas e realízanse numerosas actividades fóra da aula. O pasado luns, 6 de setembro, fixéronlle unha entrevista en RadioVoz Ferrol a Elena Anca, unha das profesoras que imparte este ciclo formativo no noso centro educativo. No seguinte enlace pódese escoitar a entrevista na que Elena comenta aspectos moi interesantes do ciclo e da súa inserción laboral:

Enlace á entrevista con RadioVoz